quarta-feira, 6 de junho de 2012

PRESENTADA A 1º EUROCIDADE 10, A CARREIRA POPULAR ENTRE TUI E VALENÇA DE 10 QM DE PERCORRIDO A CELEBRAR O DOMINGO 17 DE XUÑO



No decurso da presentación participaron o Presidente do Clube de Atletismo Thermalia Tui, Rafael Pérez, os concelleiros de Tui e Valença, Nicolás Lorenzo e José Monte, xunto ao Presidente da Camara de Valença, Jorge Mendes e o Alcalde de Tui, Moisés Rodriguez
Na maña de onte foi presentada no Centro Interfederado de Tui a “1ª Eurocidade 10” unha carreira popular organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia en colaboración co Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença e que O domingo 17 de xuño reunirá nesta Eurocidade a numerosos afeccionados ao atletismo de Galicia e o Norte de Portugal.
No decurso da presentación participaron o Presidente do Clube de Atletismo Thermalia Tui, Rafael Pérez,  os concelleiros de Tui e Valença, Nicolás Lorenzo e José Monte, xunto ao Presidente da Camara de Valença, Jorge Mendes e o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez.
Os presentes informaron que esta carreira nace con vocación de continuidade estando previsto que nos anos pares a saída e chegada será en Tui e namentres que nos impares terá lugar en Valença.
O circuíto constará de 10 qm. nesta 1ª edición a saída será de Tui pasando pola Ponte Internacional, Valença do Minho e volvendo a Tui, nun percorrido que combina o patromonio histórico e natural.. A saída darase o domingo 17 de xuño ás 11 a.m. dende a Corredoira de Tui, quedando a meta instalada no mesmo punto. o tempo máximo de duración da proba será de 1 hora 30min.
Os participantes recibirán os dorsais e un chip, que controlará o tempo, e que serán entregados o día da proba a partir das 09:00h. ata as 10:30h, é dicir, 30 min. antes do comezo da mesma. para retirar o dorsal e o chip é obrigatorio presentar o d.n.i. ou pasaporte.  Ao finalizar cada unha das probas é obrigatorio a entrega do chip nunha  zona habilitada tras cruzar a liña de meta.

A inscrición está aberta ata o vindeiro 13 de xuño e se realiza exclusivamente on-line a través da páxina www.championchipnorte.com. E custa 4 euros por persoa.
Os organizadores agradecen a colaboración de diversas entidades públicas e privadas e 
confina en acadar os cincocentos participantes neste primeira edición da Eurocidade 10 o vindeiro domingo 17 de xuño.

Sem comentários:

Enviar um comentário