A exposición destes traballos estará aberta ao público na Sala Municipal de Exposicións do Concello tudense ata o vindeiro 16 de xuño
Na tarde do pasado lúns 4 de xuño, foi inaugurada na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui unha exposición conmemorativa do 20 aniversario da Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de Tui. O acto contou coa presenza do Alcalde tudense, Moisés Rodríguez Pérez, e as responsables de Xunta Directiva da asociación tudense.
Elisa Fernábdez de las Heras falou en nome da asociación agradecendo o traballo desenvolvido ao longo destes anos por todos os socios e a súa implicación no traballo asociativo. O rexedor tudense felicitou a este colectivo polo seu labor que chega a numerosos veciños de Tui e a súa contorna, polo seu dinamismo pois son numerosas actividades que realizan periodicamente e polo seu entusiasmo e ilusión logo de dúas décadas de traballo.
Nesta exposición podemos contemplar unha escolma dos diversos obradoiros que desenvolve a Asociación tudense: : pintura, que dirixe Carmen Gallego, tapicería, que dirixe Berta Ramilo, e bordados, que dirixe Marisa Pereira.
A exposición destes traballos estará aberta ao público na Sala Municipal de Exposicións do Concello tudense ata o vindeiro 16 de xuño.
Sem comentários:
Enviar um comentário