O pasado sábado 16 de xuño ás 18 horas, na Praza de María Pita, celebrouse un acto en conmemoración do cincuentenario do Día das Letras Galegas, “Cincuenta voces para o cincuenta aniversario do Día das Letras” organizado pola Real Academia Galega. No transcurso do evento, a concelleira de cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira procedeu á lectura dun poema do tudense Manuel Lago González, en lembranza da figura homenaxeada no “Día das Letras Galegas” do ano 1973.
No decurso do acto presidido polo Presidente da Xunta de Galicia e o Director da Real Academia Galega a palabra das figuras homenaxeadas ao longo destes 50 anos escoitouse na Praza de María Pita na voz dos representantes dos concellos que acolleron no seu municipio os actos de celebración desta festa das Letras galegas.
Ao remate do acto tivo lugar un acto simbólico levado a cabo por escolares chegados de distintos lugares da xeografía galega. Con esta celebración, pechouse o programa de actos conmemorativos arredor deste aniversario do “Días das Letras Galegas”.
O poema do Manuel Lago González lido neste acto foi o seguinte:
“O sol da primavera”, incluído na antoloxía Escolma de poesías. Real Academia Galega, 1973.
Cantemos, cantemos todos
cantigas da nosa terra:
O sol da verde Galicia
moita fartura alumea
xa dá sol na frondente ladeira
onde están os pomares en frol
Ai! O sol da felís primavera,
Que prácido sol!
O sol da nosa aldea
bendito sea;
que cobre os ceos d´azul color
i enche corgas e vales e montes
e ladeiras e regos e fontes
da ventura, de vida e amor.
Sem comentários:
Enviar um comentário