segunda-feira, 11 de junho de 2012

CELEBRADA O PASADO VENRES A ASEMBLEA INFORMATIVA DO PROXECTO EDUCATIVO “ENREDAMONOS NA EUROCIDADE”


O pasado venres 1 de xuño foi celebrada na sede da Aula UNED de Tui con presencia de numerosos colectivos socioculturais, deportivos e empresarias así como representantes de centros educativos e ANPAS e membros da Corporación Municipal tudense a asemblea informativa do proxecto educativo que promove o Concello de Tui denominado “En(red)amonos na Eurocidade”.
O acto comezou cunhas palabras do Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez,  onde subliñou a importancia do proxecto para a calidade educativa na Eurocidade e a importancia de encher de contido a este novidoso proxectos coa implicación de todos os sectores do ámbito educativo. De seguido a concelleira de educación e cultura, Vanesa Rodríguez Pereira, resaltou a necesidade de participación de todos os colectivos implicados na educación para lograr co proxecto saíse adiante. 
Finalmente polos organismo asesores (Universidades de Vigo, Minho e Uned xunto con Proyectos Atlantida) fíxose unha definición do proxecto e a súa necesidade para mellorar o rendemento académico do alumnado. O proxecto está organizado e pilotado polo Concello de Tui e pretende a mellora do rendemento académico do alumnado tudense dados os datos que o concello ten nos últimos anos. Case un 40 % do alumnado non acada o graduado escolar ou graduado en ESO.
Por tanto é imprescindible a colaboración entre docentes, familias e comunidade local  co fin de mudar as metodoloxías educativas que faciliten a motivación do alumnado, o aumento da participación dos pais e nais nas tarefas educativas e a implementación do deseño curricular por competencias que permita a solución de problemas da vida cotiá do alumnado.
Para conquerir esta meta compre aproveitarse a posta en marcha da Eurocidade Tui-Valença xa que este organismo ten como obxectivo resaltar non so o rico patrimonio cultural a artístico do contexto senón promover valores cidadáns que faciliten unha convivencia solidaria e democrática.
Seguindo a orde do día establecida os asistentes se reuniron por sectores para debater sobre as ideas expresadas, cuxas conclusión foron expresadas finalmente na asemblea, existindo unhas coincidencias básicas: 
a)A experiencia prantexada é moi interesante e pode converterse, non só, nun foco de dinamización cultural e educativa na Eurocidade senón tamén facilitar unha mellora significativa do rendemento académico do alumnado. Os colectivos sociais expoñen que pode ser un nexo de unión na Eurocidade, que será preciso salvar barreiras administrativas, que facilitará a posta en valor do patrimonio da Eurocidade e o coñecemento da súa rica historia.
b)A asesoría de organismos cualificados pode facilitar o camiño a esta experiencia
c)Os profesores prantexan a necesidade de encaixar as diferentes actividades dentro dos contidos do curriculum 
d)As ANPAs poñen de manifesto a necesidade dun traballo conxunto, as vantaxes que pode ofrecer esta experiencia como a valorización do patrimonio, a activación do deporte, a relación entre economía e emprendemento, etc. Consideran que para elo é preciso aumentar a participación das nais e pais en accións formativas e informativas e integrar a comunidade inmigrante que non está representada nas ANPAS para que esta represente a todo o tipo de familias.
Rematou esta asemblea informativa coas palabras da Concelleira de Educación emprazando a todos os colectivos para setembro comezar unha avaliación de diagnóstico máis exhaustiva y por en marcha as actividades deseñadas de forma coordinada e con unha avaliación que permita medir o seu rendemento a medio e largo prazo. Asemade agradece a participación de todos os asistentes e animándoos a involucrarse de xeito importante nas diferentes tarefas que se emprenderán no curso seguinte xa que a educación é cousa de todos.

Sem comentários:

Enviar um comentário