quinta-feira, 21 de junho de 2012

CONTINUA ABERTA A MATRICULA AO CURSO DE VERANO DA UNED EN TUI “A TODO TREN”


Tui acollerá do 4 ao 6 de xullo un curso de verán da UNED. Baixo o título de “A todo tren” abordarase a historia e a importancia do ferrocarril como motor socioeconómico tanto no ámbito nacional coma internacional. As clases terán lugar na Aula da UNED de Tui no antigo convento de San Domingos. O curso está dirixido pola profesora titular da Uned Victoria Soto Caba e coordinado por Guillermo Bas Ordóñez. 
No mesmo vanse analizar as repercusión do ferrocarril como medio de transporte na economía, a arquitectura e as relacións comerciais tanto nacionais coma internacionais pola condición de Galicia como territorio fronteirizo con Portugal. Na relación de poñentes está Carlos Nardiz, catedrático de urbanismo na Universidade de Coruña, Jesús Ángel Sánchez, profesor de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, Xosé Ramón Iglesias Veiga, doutor de Historia da Arte e profesor da Uned, e Miguel Múñoz, director do Museo Nacional do Ferrocarril. Amais a conferencia de clausura sobre “Fomento e o ferrocarril” correrá a cargo da ministra de Fomento, Ana Pastor. 
A inauguración terá lugar o mércores 4 de xullo ás 16.45h e a clausura á unha do mediodía do venres día 6. O curso ten recoñecidos 1 crédito ECTS, 2 créditos de libre configuración e 2 créditos MECD. A matricula e a información se realiza on-line a través da páxina web: www.uned.es/cursos-verano ou directamente en http://qinnova.uned.es/publico_actividad/3673 podendo beneficiarse dun desconto aquelas persoas que se matriculen antes do 2 de xullo. 
Amais da actividade académica durante os días do curso, xa que se prevé que moitos dos alumnos sexa de fóra da provincia e incluso de Galicia, haberá tamén visitas guiadas á cidade e outras actividades lúdicas. 

Sem comentários:

Enviar um comentário