segunda-feira, 18 de junho de 2012

O ALCALDE VISITOU O PASADO SÁBADO A RESIDENCIA “SAN TELMO” FELICITANDO AS CATRO RESIDENTES CENTENARIAS


O Alcalde de Tui acompañado da concelleira de servizos sociais e doutros concelleiros efectuou o pasado sábado unha visita á Residencia “San Telmo” que rexentan as “Hermanitas dos Ancianos Desamparados” onde participou nun acto festivo para agasallar ás catro anciáns residentes naquel centro e que superan os cen anos de vida.
Son catro mulleres que viven na residencia San Telmo, nadas unha no ano 1907, outras dúas en 1910 e unha terceira en 1912, todas de diferentes concellos da provincia de Pontevedra: unha de Pontevedra, unha de Tomiño unha de Tui e unha de Mondaríz.
O Alcalde tudense transmitiu a felicitación a estas mulleres centenarias participando na festa celebrada na Residencia e entregándolles un agasallo en nome do concello tudense.

Sem comentários:

Enviar um comentário