A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu durante o pasado mes de maio de 2012 un total de 2.844 consultas na súa sede do Paseo da Corredoira. Deste total de consultas, 1.847 foron de turistas ou visitantes procedentes de España e 997 de turistas cuxa orixe está noutros países estranxeiros.
Das estatísticas elaboradas pola Oficina Municipal de Turismo informan que os visitantes segundo a comunidade autónoma de orixe proceden na maioria de:
1. Galicia
2. Madrid
3. Castilla La Mancha
Outras comunidades coma Cataluña, Castilla-León e Comunidad Valenciana teñen unhas cifras moi similares.
Das 997 consultas atendidas ao longo do pasado mes a visitantes estranxeiros, salientan como principais procedencias: en primeiro lugar Alemania, seguido de Portugal, Italia e Francia. Ata de 35 nacionalidades distintas e dos cinco continentes proceden os visitantes que se achegaron ata Tui no pasado mes.
Destas consultas 536 foron realizadas por peregrinos que realizan o camiño portugués destacando o feito de que os peregrinos estranxeiros triplican aos nacionais: 435 fronte 141.
Para concelleira responsable de turismo do Concello de Tui, Raquel Lorenzo Pimentel, estas cifras continúan expresando o importante potencial que posúe o noso municipio que segue acollendo, gracias aos seus importantes recursos patrimoniais, un alto continxente de visitantes.
Esta Oficina Municipal de Turismo está atendida por dúas bolseiras que contratadas polo Concello de Tui contan cunha subvención do Patronato de Turismo “Rías Baixas” da Deputación Provincial de Pontevedra.
Sem comentários:
Enviar um comentário