O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, anunciou que a Aula da Uned de Tui impartirá a partires do vindeiro curso 2012-2013 o grado en psicoloxía, incrementando deste xeito a oferta formativa deste centro universitario.
Este anuncio foi efectuado pola Alcalde tudense no decurso do acto académico de clausura do curso 2011-2012 da Aula da Uned tudense celebrado na tarde do pasado venres 15 de xuño. Segundo o rexedor tudense para adoptar esta decisión tívose en consideración que estes estudos son os máis demandados entres os alumnos matriculados da zona de Tui e a súa bisbarra.
Con esta decisión no vindeiro curso 2012-2013 na Aula Uned de Tui se impartirá o curso de acceso á Universidade para maiores de 25 e de 45 anos e o primeiro curso do grado en Psicoloxía.
Completará a oferta formativa deste centro universitario outros curso como os da Uned Senior e as actividades de extensión universitaria que ao longo do ano académico promoven diversas accións formativas a través de talleres e cursiños.
Para o Concello de Tui, en palabras do seu alcalde, o funcionamento deste Aula Universitaria da Uned en Tui –que agora amplía a súa oferta de estudios- “amosa o compromiso municipal de continuar apostando polo acceso de todos os cidadáns á educación, a cultura, á formación. Nestes difíciles tempos cómpre resaltar este investimento que garante un importante servizo público promovendo a imprescindible formación que todos precisamos para acceder a un mercado laboral cada vez con máis dificultades”.
A Aula da Uned de Tui tense consolidado con este segundo curso de funcionamento que ven de rematar como unha referencia para a formación universitaria da Tui e a súa bisbarra. Se no primeiro curso foron case 70 os alumnos matriculados, neste curso 2011-2012 houbo un importante incremento chegando ata os 100 alumnos no curso de acceso e ata 120 alumnos nas diversas accións formativas desenvolvidas ao longo deste curso escolar.
Sem comentários:
Enviar um comentário