sexta-feira, 15 de junho de 2012

O ALCALDE DE TUI VISITARÁ MAÑÁ A RESIDENCIA “SAN TELMO” E SE REUNIRÁ CON CATRO CENTENARIAS ALI RESIDENTES


O Alcalde de Tui acompañado da concelleira de servizos sociais e doutros concelleiros visitará mañá a Residencia “San Telmo” que rexentan as Hermanitas dos Ancianos Desamparados  e manterá un encontro para felicitar persoalmente ás catro anciáns residentes naquel centro e que superan os cen anos de vida.
Son catro mulleres que viven na residencia San Telmo, nadas unha no ano 1907, outras dúas en 1910 e unha terceira en 1912, todas de diferentes concellos da provincia de Pontevedra: unha de Pontevedra, unha de Tomiño unha de Tui e unha de Mondaríz.
Con esta visita o Alcalde de Tui coñecerá de primeira man as necesidades desta Residencia da Terceira Idade e manterá un encontro cos residentes, moitos deles procedentes do propio concello tudense.
Esta visitar terá lugar mañá sábado ás 11,00 horas na Residencia “San Telmo” na rúa Antero Rubín nº 14 de Tui.

Sem comentários:

Enviar um comentário