sexta-feira, 22 de junho de 2012

O Campionato de España de Remo Olímpico contará cunha ampla representación tudense


O próximo fin de semana disputarase, na localidade ourensán de Castrelo de Miño, o Campionato de España de Remo Olímpico, nas categorías júnior, sub-23, absoluto e vetarán.
Dende hoxe venres ata o domingo disputaranse as diferentes regatas, onde teremos a participación dos dous clubs tudenses, Club Remo do Miño e Club Remo Tui.
Dende o Concello quérese animar aos deportistas tudenses para acadar os mellores éxitos nesta competición.

Sem comentários:

Enviar um comentário