No día de onte, luns 11 de xuño de 2012, tivo lugar na Casa d Concello de Tui unha nova xuntanza da Xunta Local de Seguridade á que asistiron o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, o Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello Buffil, acompañados doutros representantes do Concello de Tui e dos Corpos e Forzas de Seguridade.
Aínda que o principal obxectivo da reunión era a incorporación dos novos membros desta Xunta; en concreto, o Subdelegado do Goberno, Antonio Coello, o asesor da Subdelegación, Alberto Seoane Rioboo, e a responsable da Unidad de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, María Paz Pérez Asorey.
No decurso da reunión foron analizados outro aspectos sobre a seguridade no noso municipio, amosando os presentes a súa satisfacción pola reducción dos índices de delictos no noso concello en todos os ámbitos abordados; foi analizado tamén o traballo a desenvolver no ámbito da violencia de xénero, analizando os protocolos de procedemento neste tema e no control das persoas condenadas por este tipo de delictos, etc.
Tanto o Subdelegado do Goberno como o Alcalde de Tui expresaron ao final desa xuntanza a súa satisfacción polo positivo grado de colaboración e mesmo coordinación logrado entre as diversas forzas de seguridade con competencia na nosa cidade, garantido a continuidade e afondamento deste proceso de mutua implicación que repercute positivamente da reducción no número de delictos na nosa cidade que garante unha maior índice de seguridade para os cidadáns de Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário