O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, mantivo onte na Casa do Concello tudense unha reunión de traballo co director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal, Juan José Lirón Lago, para avanzar na presentación dunha candidatura da Eurocidade Tui-Valença á 3ª convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal (POCTEP) aberta ata a segunda quincena de xuño.
No decurso da xuntanza foron perfilados os principais aspectos do proxecto que a Eurocidade pretende presentar ao abeiro do chamado eixo 1 da convocatoria destinado ao fomento da competitividade e a promoción do emprego.
Para o Alcalde de Tui estamos diante dun novo exemplo que como a Eurocidade avanza promovendo este proxecto de cooperación e xestión conxunta para promover a actividade económica e de emprendedores.
Moisés Rodríguez Pérez agradece a axuda da AECTGNP que está cooperando intensamente coa Eurocidade nestes primeiros pasos de xestión compartida que teñen iniciado o pasado 10 de febreiro a Cámara Municipal de Valença e o Concello de Tui. A presentación deste candidatura conxunta ao Poctep contribuirá eficazmente a afondar neste traballo compartido e a poñer en valor as sinerxías existentes entre ambas cidades.
Sem comentários:
Enviar um comentário