Mañá mércores 20 de xuño, as 20:00h. no Teatro Municipal da Área Panorámica de Tui, celebrarase o Concerto de Fin de Curso do Conservatorio Profesional e da Escola de Música Municipal de Tui. Neste concerto participarán os alumnos do centro pertencentes as diferentes familias de instrumentos. Tamén neste concerto participarán Ramón Corral, mestre percusionista e artesán de gaitas de Tui, e Roberto Comesaña, mestre acordeonista.
A celebración deste concerto, en palabras da concelleira de Educación, Vanesa Rodríguez Pereira, marca o final dun curso académico onde estes centros educativos do Concello de Tui teñen consolidado o seu traballo como referentes da formación musical na nosa comarca, con case 200 de alumnos, moitos procedentes de concellos da bisbarra de Tui e mesmo de Valença.
O mesmo día, a partir das 19:30h., é dicir media hora antes do concerto se entregarán as cualificacións finais dos alumnos destes centros educativos do Concello de Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário