A partires de mañá, mércores 27 de xuño, abres as súas portas ao publico as Piscinas Municipais de Tui cun horario de apertura diaria de 13,00 a 20,30 horas de lúns a domingo.
Para a concelleira responsable deste servizo, Olga Montes Moldes, a apertura das instalacións das Piscinas Municipal tudense supoñen unha atractiva oferta de ocio para os veciños do noso concello e para cantos se achegan a visitar á nosa cidade.
Tamén informa a concelleira Montes Moldes que o Concello de Tui apostou por conxelar os prezos deste servizo, mantendo os prezos do pasado ano para facilitar o acceso dos cidadáns a esta oferta de lecer.
A céntrica situación destas instalación, que abranguen unha Piscina grande para mozos e adultos e unha piscina para rapaces de curta idade, garante que neste ano de novo terán unha grande afluencia de bañistas que disfrutaran destas coidadas instalacións.
Sem comentários:
Enviar um comentário