segunda-feira, 11 de junho de 2012

A CONCELLERIA DE SERVIZOS SOCIAIS INFORMA QUE ESTÁ ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DO “CHEQUE INFANTÍL”


A concelleira de servizos sociais do Concello de Tui informa que ata o vindeiro 30 de xuño está aberto o prazo para solicitar as axudas económicas para atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa “Cheque infantil” segundo a Orde da Xunta de Galicia publicada no Diario Oficial de Galicia so pasado 30 de maio.
Estas axudas económicas están destinadas  para a atención de nenos/as de 0 a 3 anos en escolas infantís, non sostidas con fondos públicos por un período máximo de 11 meses. Poderá eximirse do límite de idade os nenos con discapacidade física, psíquica ou sensorial susceptibles de integración, logo do informe do equipo de orientación específico, dependente da Inspección de Educación.
A contía da axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar de acordo cos baremos aprobados na devandita Orde.
Poden beneficiarse as familias residentes en Galicia que se atopen nos supostos seguintes:
1. Renovación de praza: Terán preferencia aquelas persoas beneficiarias que tiveran recoñecida a axuda no curso anterior. Deberán cumprir os requisitos establecidos e renovar a praza do curso anterior.
2. Novas solicitudes de praza: as persoas con responsabilidade sobre nenas/os de 0 a 3 anos:
Solicitantes de praza, nas modalidades de atención educativa ou atención educativa con comedor, en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos e que non resultaran adxudicatarios/as dunha delas por falta de prazas dispoñibles. Consideraranse solicitantes sempre que exercesen a opción polo programa cheque infantil na solicitude de praza, polo que non terán que presentar solicitude.
Residentes en localidades onde non existan escolas infantís 0-3 sostidos con fondos públicos e desexen obter praza nas modalidades de atención educativa ou atención educativa con comedor, nalgún centro partícipe do programa, existente no concello de residencia, noutro que sexa limítrofe ou ben no concello onde traballen os pais, nais ou titores legais. Neste suposto, deberán presentar a solicitude e a documentación correspondente
Requisitos das persoas beneficiarias e dos centros:
Ter unha/un nena/o a cargo nacida/o con posterioridade a 31 de decembro de 2009. No caso de nenos/as de integración poderá eximirse do cumprimento deste requisito.
Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas.
Os servizos sociais do Concello de Tui, segundo informa a concelleira responsable Olga Montes Moldes, ofrecen o seu asesoramento para preparar a documentación requirida e para resolver as dúbidas que os posibles beneficiarios teñan sobre esta normativa e o seu procedemento de solicitude. Tamén poden acceder á a páxina web do concello onde atoparán tanto as bases como os anexos de solicitude.

Sem comentários:

Enviar um comentário