Mañá xoves 21, ás 13.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, recibirase ao equipo infantil do Tyde, que recentemente acadou o ascenso á primeira división infantil ao proclamarse campión da segunda categoría.
Neste acto participarán o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o presidente do Tyde FC, Jesús Álvarez, así como outros concelleiros de Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário