quarta-feira, 18 de setembro de 2013

A EXPOSICIÓN “OS SEFARDIS DE ORIENTE” NA SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIÓN ATA O 15 DE OUTUBRO

Abre as actividades da Xornada Europea da Cultura Xudía a celebrar no fin de mes
A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle ata o vindeiro 11 de outubro a exposición fotográfica  " Sefardís de Oriente: a diáspora sefardí nos Balcáns e o Mediterráneo Oriental", de Casa Sefarad-Israel,  na que se mostran fotografías das comunidades sefardís de Europa Oriental, doadas por particulares á organización Centropa, con comentarios do  seus propietarios, nas que se pode entrever a vida cotián de ditas comunidades de xudeoespañoles.
Esta mostra recolle o traballo realizado  pola institución privada Centropa, ubicada en Viena e dirixida polo norteamericano Ewar Serotta, que se dedica á recompilación e difusión de datos e información sobre o mundo xudío, en particular dos séculos XIX e XX.
O Edicto de expulsión de 1492 provocou que miles de familias xudías se viran obrigadas a abandonala Península ibérica. Algúns se trasladaron ao norte de África, outros moitos cruzaron Europa cara os territorios do imperio Otomano, fundando alí comunidades xudías que nunca deixaron de mirar a Sefarad. Varios séculos despois, os Balcáns e outros enclaves da Europa Oriental abrigan comunidades que directamente descenden dos pioneiros del século XV. O fervor cara Sefarad, superposto á nostalxia pola Xerusalén dos seus ancestros, mantivo o prodixio de que, pese al devir do tempo, aínda palpite un sentimento de pertenza á patria perdida. 
Sefardís de Estambul ou de Sofía, de Salónica o de Saraxevo, aínda conservan proverbios, cantigas, receitas de cociña, provenientes da súa España remota. Os estragos do Holocausto e a progresiva emigración a Israel, perturbaron a composición das comunidades e diminuíron notablemente o número dos seus membros. Os aires de globalización do novo século tentan ás novas xeracións a outras aprendizaxes sensiblemente lonxanas a súa identidade.
Temos documentados diversos xudíos tudenses que tralo Decreto de expulsión  marchan de Tui cara a novos lugares, como é o caso de Salomón Caadia, Davy ou León; quizais algún deles se trasladase a estas localidades ao oriente de Europa.
Esta exposición se integra no programa de actividades da Xornada Europea da Cultura Xudía que, de novo, organiza o Concello de Tui arredor do domingo 29 de setembro, en que varios centos de localidades de Europa se suman a esta xornada para valorizar a achega da cultura xudía ao patrimonio e á cultura europea.
Esta mostra abre tamén a colaboración entre o Concello de Tui e Casa Sefarad-Israel, unha institución española creada polo ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación, a Comunidad de Madrid e o Ayuntamiento de Madrid, que ten como obxectivo fomentar as relacións de amizade e de cooperación entre España, Israel e as comunidades xudías de todo o mundo, desenvolvendo actividades nos ámbitos político, económico, social, científico e cultural.

Sem comentários:

Enviar um comentário