O Concello de Tui ten realizado nos dous últimos meses diversas intervencións nos distintos centros escolares do noso municipio para garantir que no inicio do novo curso escolar estes centros posúen as condicións axeitadas para acoller aos nenos e nenas que acoden ás aulas
Entre as actuacións realizadas compre reseñar:
Drenaxe da pista deportiva e adecuación da mesma, asi como pintar aulas e colocación do cableado no CEIP nº 2 de Tui
Adecuación e pintado de aulas así como trasteiros en despachos de titorías no Ceip de Randufe
Pintado de aulas no Ceip de Rebordáns
colocación de cortiza en escenario, aula de música e zona de infantil ais como baldas en aulas no Ceip de Guillarei
En Baldráns adecuación patio traseiro e pintado do hall de acceso
En Pexegueiro pintar baños
Dende o Concello de Tui se resalta que estas actuación responden ás peticións formuladas polos diversos consellos escolares e que foron atendidas en máis dun 80%. Igualmente cabe lembrar que as competencias do Concello en materia de centros educativos abrangue unicamente o mantemento dos mesmos e non a realización de investimentos que corresponden á administración autonómica.
Deste xeito aos máis de 1400 rapaces que iniciaron hoxe o curso escolar atoparan os seus centros en axeitadas condicións para o desenvolvemento da súa actividade académica, sen prexuízo de completar, en datas vindeiras, algunhas pequenas obras de mantemento e conservación.
O Concello de Tui agradece a colaboración da comunidade educativa dos diversos centros de ensino no traballo de inicio deste novo curso escolar 2013/2014
Sem comentários:
Enviar um comentário