Co inicio do mes de setembro tivo lugar a incorporación do equipo educativo da Escola Infantil da Rede “A Galiña Azul” de Tui que comezará a súa actividades na segunda quincena deste mes cos correspondentes procesos de adaptación dos seus alumnos. Neste primeiros días este equipo responsable porase en contacto cos pais e nais dos novos alumnos para informarlle do proceso de incorporación dos nenos/as á Escola Infantil. As persoas interesadas en calquera consulta ou información sobre esta Escola Infantil tudense poden dirixirse ao teléfono 986.607149.
Esta Escola Infantil conta seis unidades (2 aulas para nenos de 0-1 anos, 2 aulas para nenos de 1-2 anos e outras dúas para os nenos de 2-3 anos de idade) así como un aula de usos múltiples, e unha zona de servizos que abrangue cociña, vestiarios, sala de profesores, despacho de dirección e espazos para as instalacións. En total esta Escola Infantil tudense contará con 514,60 m2 de superficie construída xunto a 107,75 m2 de espazos exteriores. O investimento realizado nesta Escola Infantil chegou aos 730.000 euros
En total son 82 prazas públicas de gardería nun concello que, na actualidade, só conta con servizos similares de carácter privado e dará servizo a unha poboación importante dun municipio eminentemente xoven, no que o 35% dos veciños teñen menos de 30 anos.
Sem comentários:
Enviar um comentário