O padeeiro tudense logra o sábado a prata en K-1, e o ouro o domingo en K-2 xunto a Emilio Merchán
O C-2 de Óscar Ferro e Ramón graña suman outro mundial para o Kayak Tudense.
O piraguismo tudense volta a estar de noraboa. Este fin de semana celebrábase en Copehaghe, o Campionato do Mundo de Maratón, onde Iván Alonso defendía o dobre título obtido o pasado ano en Roma.
Na regata de K-1 disputada o sábado, o noso padeeiro lograba a medalla de prata, sendo superado tan só nos derradeiros metros polo sudafricano McGregor. Foi unha competición na que someteron a Iván a un “severo marcaxe” pola súa condición de actuala Campión do Mundo. No derradeiro porteo fíxose a selección definitiva con McGregror, o británico e o tudense, que loitou ata o final polo campionato. O final tívose que conformar ca prata, un espléndido resultado tendo en conta a fortaleza amosada polo seu rival.
Xa o domingo a quenda era para os K-2. Aquí un ano máis as embarcacións españolas non deron opción. As parellas de Walter Bouzán/Álvaro Fernández Fiuza e Emilio Merchán/Iván Alonso, dominaron a competición de “cabo a rabo”. Na última volta o gran ritmo de Emilio e Iván non puido ser seguido polos seus compatriotas facéndose co triunfo dunha forma moi clara.
Para redondear a actuación dos representación do Club Kayak Tudense, horas antes dous dos seus representantes, Ramón Ferro e Óscar Graña, revalidaban un ano máis o título, por diante do outro K-2 nacional de Campos e Romero.
Dende o Concello de Tui, quérese felicitar unha vez máis os nosos deportistas que seguen, co seu esforzo, traballo e, claro está, calidade, deixando o nome de Tui no máis alto alá onde compiten.
Sem comentários:
Enviar um comentário