Onte, 2 de setembro, comezaron a desenvolver a súa actividade no Concello de Tui dez novos operarios contratados ao abeiro do Plan de Emprego Local que promove o Concello tudense cun investimento de fondos propios de 70.000 euros. Trátase de tres oficias para obras, catro peóns e un electricista que se incorporan ao diversos servizos municipais tudenses.
O retraso na aprobación dos orzamentos municipais, debido á ocupación que realizaron durante varios meses a plataforma de afectados polas preferentes impedindo a celebración dos Plenos da Corporación Municipal, imposibilitou que este Plan de Emprego comezase como era vontade do goberno municipal no pasado mes de xullo.
A posta en marcha deste Plan de Emprego Local testemuña o importante esforzo que realiza do goberno municipal tudense no ámbito do emprego: a estas dez contratacións, compre sumar os quince alumnos e un docente que actualmente participan nun curso de formación en carpintería e, en datas próximas, as 27 persoas que participaran no novo Obradoiro de Emprego concedido recentemente ao Concello de Tui. Son cincuenta e tres contratación laborais que palían, nalgunha medida, os efectos do desemprego no noso municipio.
Sem comentários:
Enviar um comentário