A Oficina Municipal de Turismo de Tui rexistrou no pasado mes de agosto un total de 13.042 visitantes, o que supón 8.300 máis que no pasado mes de xullo.
Se comparamos o número de turistas desde o inicio do verán en xuño ata agora, esta cifra aumentou en máis de 10.300.
O incremento de visitantes é tamén notable ao compararen os datos do ano pasado ofrecidos pola Oficina Municipal de Turismo de Tui , nos que no mes de agosto se habían rexistrado 2.000 visitantes menos.
O número de peregrinos tamén aumentou considerablemente , sumando neste mes de agosto un total de 1680, 1.000 máis que no mes anterior.
No que se refire aos turistas, 11.000 son nacionais e 2.000 internacionais. Entre os nacionais encabezan a lista os que proveñen de Madrid, seguidos de Andalucía e Cataluña. En canto aos visitantes estranxeiros os portugueses son os maioritarios, seguidos de Italia, Francia e Alemaña.
Tui, como inicio e paso do Camiño Portugués segue a rexistrar peregrinos provenientes de todas partes do mundo. Dos máis de 1.600 camiñantes rexistrados, uns 700 son nacionais, mentres que máis de 900 proveñen de fóra das fronteiras.
En cuanto aos peregrinos nacionais a maior parte proveñen da comunidade galega, seguidos de Madrid, Comunidade Valenciana e Andalucía. No que respecta aos internacionais salientar a presenza maioritaria dos veciños portugueses, seguidos de Italia e Alemaña.
En maior número pero destacable pola lonxanía da que proveñen, salientar visitantes de países coma China (51), Estados Unidos (29) ou Australia (14).
Sem comentários:
Enviar um comentário