O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, tomou posesión esta maña no inicio do Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra como novo deputado provincial pola comarca do Baixo Miño na Corporación provincial.
Desta forma o rexedor tudense se incorpora ao organismo provincial coa finalidade de representar aos concellos do Baixo Miño e aos seus cidadáns para, segundo refire, lograr una maior calidade nos servizos públicos e especialmente o desenvolvemento de políticas a prol dos sectores afectados pola crise asi como para afondar na cooperación transfronteiriza, unha ferramenta de grande transcendencia para esta comarca miñota.
Sem comentários:
Enviar um comentário