Un programa de Voluntariado Xuvenil promovido polo Concello de Tui ao abeiro da convocatoria da Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, permitira o desenvolvemento dunha mellor atención aos peregrinos do Camiño Portugués de peregrinación a Santiago no concello de Tui mediante unha actuación a desenvolver ata o mediados do vindeiro mes de outubro.
Entre os obxectivos deste programa de voluntariados están
Proporcionar información aos peregrinos que acoden a Tui no seu itinerario de peregrinación a Compostela
Inspeccionar as condicións da ruta de peregrinación e os seus servizos complementarios
Ofrecer información sobre recursos turísticos de Tui e a súa contorna
Informar doutros recursos de interese para os peregrinos: servizos públicos, médicos, farmacéuticos, etc.
O labor que realicen estes voluntarios se centrará nos seguintes lugares de nosa cidade: Oficina Municipal de Turismo na Praza de San Fernando, Centro de Interpretación do Camiño Portugués no antigo convento de San Domingos e Albergue de peregrinos do Xacobeo.
Neste proxecto participan catro mozos e mozas de entre 18 e 30 anos de idade. os participantes recibirán unha certificación oficial da experiencia adquirida, segundo establece a nova Lei Galega de Acción Voluntaria, aprobada por unanimidade en 2011.
Cabe lembrar que a nosa cidade é o primeiro lugar, fóra do Camiño Francés, escollido polos peregrinos para iniciar o seu itinerario a Compostela, asi no pasado mes de agosto foron case 2500 os que comezaron en Tui a súa peregrinación sendo estranxeiros a maioría deles.
Con este programa preténdese xunto a mellorar a atención aos peregrinos incentivar a participación dos mozos e mozas en actividades de voluntariado como unha ferramenta de acción social e enriquecemento persoal.
Sem comentários:
Enviar um comentário