segunda-feira, 30 de setembro de 2013

A PASADA FIN DE SEMANA A CIDADE DE TUI REVIVIU A ACHEGA DE XUDEUS E CONVERSOS

Esta fin de semana tivo lugar na cidade de Tui unha nova edición da “Xornada Europea da Cultura Xudía” con catro visitas guiadas ao longos destes días que abordaron a visita ás diversas testemuñas que se conservan no conxunto histórico tudense sobre a presenza de xudeus e conversos. As malas condicións meteorolóxicas non impediron que as xornadas se desenvolvesen aínda que con menor afluencia que en edicións anteriores. Con todo máis dun centenar de persoas participaron nestes itinerarios ao longo da fin de semana.
O programa das visitas abrangueu as seguintes:
Venres 27: Visita guiada nocturna: “Convivencia e Inquisición” ás 21,00 horas. Inicio na “Porta da Pía”, visitando os locais dalgunhas das antigas cadeas eclesiásticas, a menorá do calustro catedralicio e diversas rúas do casco antigo tudense,
Sábado 28:  Visita guiada polo Tui xudeu: 12,00 h. Inicio no barrio da Sarabia (Fonte Riomuiños) para coñecer o lugar onde está documentado o cemiterio xudeu tudense. A abondosa chuvia impediu a súa realización.
Domingo 29:  12,00 h.: Visita guiada polo Tui xudeu. Inicio Adro norte da Catedral, que comprendeu á visita ás colección museísticas da Catedral e a diversos enclaves do conxunto histórico relacionados coa presenza xudía en Tui.
Domingo 29: 18,30 h.: Visita polo Tui de Francisco Sánchez. Inicio na Praza de San Fernando, centrándose esta visita na época dos conversos, cuxo principal expoñente foi o médico e filósofo Francisco Sánchez; dada as condicións climáticas houbo de reducirse o ámbito a visitar á catedral de Tui e Museo Diocesano.
Tamén nas xornadas do mércores e venres máis dun centenar de alumnos do Ceip nº 2 de Tui participaron nas visitas guiadas á colección de Sambenitos da Catedral tudense complementada cun breve itinerario polas rúas do conxunto monumental.
Ata o 15 de outubro a Sala Municipal de Exposicións acolle a exposición: “Sefarad en Oriente, la diáspora sefardí en los Balcanes y Mediterráneo Oriental”, organizada polo Centro Sefarad-Israel e que ofrece un interesante documento sobre estas comunidades sefardís de orixe hispana.
A iniciativa desta Xornada foi lanzada en 1996 no Departamento Bas-Rhin (Alsacia, Francia),  pola Axencia de Desenvolvemento Turístico de Bas-Rhin, conxuntamente con B’nai B’rith  Hirschler de Estrasburgo, baixo a fórmula de "Portas Abertas". Á vista do gran éxito obtido, ano tras ano se foi  repetindo e ampliando xeograficamente.  A partir de 1999 la Xornada se estende por toda Francia, Alemania, España, Italia e Suiza. En 2000, once novos países contribuíron ao auxe europeo de esta iniciativa, convertida xa en Xornada Europea de la Cultura Xudía.
En 2004 creouse a Asociación Europea para a Preservación e Promoción do Patrimonio e da Cultura Xudeus (AEPJ), para coordinar o proxecto a nivel europeo. O evento foi adquirindo cada ano unha dimensión europea máis importante, tanto polo número crecente de países participantes, como pola crecente afluencia do público. En 2012 case 170.000 persoas participaron en más de 800 actividades organizadas en 24 países europeos.
O obxectivo principal deste evento é ofrecer ao gran público a posibilidade de descubrir o patrimonio histórico xudeu (sinagogas, cemiterios, baños rituais, etc.) e as tradicións xudías, e tamén  promover e contribuír á conservación, do patrimonio xudeu como parte integral do patrimonio cultural de  Europa.

Sem comentários:

Enviar um comentário