Neste novo curso contaremos de novo no Concello de Tui coas EEDD da Deputación de Pontevedra. As mesmas, que teñen carácter gratuíto, contarán coas tres modalidades deportivas dos anos pasados:
Patinaxe, a través da Federación Galega de Patinaxe e o Club Ribex
Balonmán, a través da Federación Galega de Balonmán e o Club Balonmán Tui, e
Fútbol, a través da Federación Galega de Fútbol e o Club Deportivo Ribadelouro
PATINAXE
A vindeira semana abrirase o prazo de inscrición na Escola Deportiva de Patinaxe. Esta actividade, que o ano pasado contou con 140 nenas/os, continuará no noso concello, os luns e os mércores, e irá dirixido a participantes de 5 a 15 anos.
As inscricións levaranse a cabo nas seguintes datas, presentando a solicitude de inscrición cumprimentada:
Patinadoras/es participantes nas EEDD de Patinaxe no ano 2012-2013, inscribiranse os días 16, 17, 18 e 19 de setembro, dende as 09.00 ata as 14.00 horas, na secretaría do Concello de Tui.
Patinadoras/es novas/os, inscribiranse o día 20 de setembro, dende as 09.00 ata as 14.00 horas, e o día 21, dende as 09.00 ata as 13.00 horas.
BALONMÁN
Con máis de 200 participantes na tempada 2012-2013, a actividade de balonmán seguirá sendo subvencionada pola Deputación e realizada polos monitores do Club Balonmán Tui.
As inscricións poderanse realizar directamente nos colexios, presentando a solicitude de inscrición debidamente cumprimentada.
FÚTBOL
Esta actividade realizarase este ano de novo no Campo Municipal de Fútbol de Ribadelouro, cos adestradores do Club Deportivo Ribadelouro.
A actividade irá dirixida a nenos e nenas de 5 a 15 anos, sento totalmente gratuíta.
As inscricións realizaranse no Concello de Tui, presentando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada, dende o luns 16 ata o venres 20 de setembro, dende as 09.00 ata as 14.00 horas, ou no Campo Municipal de Ribadelouro, de luns a venres de 18.30 a 21.00 horas, cos responsables do club.

Sem comentários:
Enviar um comentário