O potente lume que comezou a primeiras horas desta tarde entre os límites de Gondomar e Tui e que ameazou o parque natural do Monte Aloia está xa controlado.
O incendio iniciouse entre as parroquias de Couso e Malvas, nunha das pistas forestais que conecta Gondomar co Monte Aloia e avivouse debido ao vento que había no lugar. Na súa extinción traballaron 7 avións, 6 helicópteros, 5 axentes forestais e 13 brigadas co auxilio de 2 pas e 8 autobombas.
Nos últimos días, o concello de Gondomar está sendo un dos máis afectados de Galicia en canto a incendios forestais. Un deles mesmo afectou hai uns días a outra importante paraxe natural, o Monte do Galiñeiro.
in Infominho + GaliciaConfidencial
Sem comentários:
Enviar um comentário