terça-feira, 24 de setembro de 2013

OFERTA DE ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE PREVENCIÓN DO CONCELLO DE TUI

Desde o Departamento de Prevención de Drogodependencias e outras Condutas Aditivas do Concello de Tui, oferta diversas actividades dirixidas aos alumnos dos centros educativos do noso municipio.
Asi para os alumnos/as de Infantil e Primaria obradoiros que pretenden sentar as bases para xerar actitudes xerais referidas á saúde, que van resultar moi positivas para continuar o traballo nas etapas posteriores.
Tamén poderán solicitar para o alumnado de primaria o programa "O Cine nas Aulas" este ano os alumnos/as de 1 e 2º ciclo traballarán sobre a película "Kirikú y la bruja" e os de 3º ciclo sobre a película "Os Goonies", esta última poderán visionala no Teatro da Area Panorámica.
Ademais destes programas tamén se ofrece, como en anos anteriores, o Programa de Prevención do consumo de drogas na escola da Consellería de Sanidade, "Saúde na escola"; aqueles profesores/as que o soliciten recibirán un Cd, con todo o material, ademais de contar coa colaboración da técnica de Prevención, tanto para solucionar calquera dúbida ou solicitar durante o curso a impartición dalgún contido do programa.
No pasado curso escolar participaron nas actividades deste Departamento municipal seis dos oitos centros escolares de infantil e primaria do noso municipio, con un total de 358 alumnos que asistiron aos obradoiros impartidos e 739 rapaces e rapazas que as sesións de "Cine nas Aulas".
Tamén no curso pasado desenvolveuse un amplo traballo cos centros de secundaria, realizando varios obradoiros que se trataron diversas temáticas coma as drogas, a Sida, a violencia de xénero, habilidades sociais coma a autoestima (mitos e crenzas sobre o alcohol, mitos e crenzas sobre o cannabis, publicidade enganosa, vivindo en Tolerancia, enfermidades de transmisión sexual, a mocidade fronte as drogas: "Nin bombeiros nin enfermeiras") que contaron coa asistencia dun total de 1380 alumnos/as.
Tamén no programa O Cine nas Aulas, participaron tamén os tres centros de Secundaria, cun total de 184 alumnos e 8 profesores, traballando dúas películas que puideron visionar na Teatro da Area Panorámica, as películas nas que traballaron foron "Cobardes" e " Thirteen".
Neste curso 2013-2014 os centros educativos do noso municipio poderán obtar ao mesmo tipo de Obradoiros e tamén a opción do Cine nas Aulas, coa proxección de duas películas. Os obradoiros os escollen os propios centros.
Os centros interesados poden dirixirse a este Departamento na Casa do Concello tudense que ofrece tamén asesoramento nestas materias.

Sem comentários:

Enviar um comentário