sexta-feira, 20 de setembro de 2013

O LUNS PRESENTACIÓN DO LIBRO “VIDAS PARALELAS TUDENSES” DE XABIER AÑOVEROS

O vindeiro luns, 23 de setembro de 2013, terá lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui ás 19,30 horas a presentación do libro “Vidas paralelas tudenses” de Xabier Añoveros y Trías de Bés no que participará xunto ao autor, a deputada provincial de cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo –pois a obra esta editada pola Deputación Provincial de Pontevedra- xunto ao Alcalde de Tui en funcións, Nicolás Lorenzo Montes.
Esta nova publicación de Xabier Añoveros aborda unha nova investigación sobre a historia tudense nesta oportunidade cunha achega biográfica sobre salientables persoeiros tudenses que contribuirá a afondar no coñecemento da ampla riqueza da nosa cidade.
Xabier Añoveros é Doutor en Dereito pola Universidade de Barcelona, a súa carreira profesional está ligado ao mundo da avogacía. Ten compaxinado esta dedicación profesional coa actividade docente sendo profesor titular de  Dereito Mercantil e profesor de Sectores Financeiros, ambos na Facultade de Dereito  da Universidade de Barcelona. Así mesmo, foi profesor nos Másters de Dereito  Concursal e Sociedades de Capital do Colexio de Avogados de Barcelona.  Autor de catro libros e dunha vintena de traballos sobre dereito mercantil. Na  actualidade, é académico da Real Academia de Doutores de Cataluña.
Pero xunto a esta dedicación ao mundo do dereito aborda a súa vocación de historiador con dous temas preferentes: San Francisco Xavier –está recoñecido como un dos principais especialistas españois neste santo xesuíta- e Tui, a súa cidade de adopción e sobre a que ten editados diversos traballos de investigación nos últimos anos.

Sem comentários:

Enviar um comentário