Este sábado, dende as 16.00 horas, nas instalacións deportivas da Macoca, en Pazos de Reis, celebrarase o “II Trofeo Cidade de Tui de Mini BTT”, que estará organizado pola Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas de Tui e a Fundación Óscar Pereiro, en colaboración co Concello de Tui e a Entidade Menor de Pazos de Reis, e co patrocinio de Coca Cola e a Cafetería A Macoca.
O trofeo disputarase en dous mangas para cada categoría, sendo estas dende prebenxamín (2007-08), promesas (2005-06), principiantes (2003-04), alevins (2001-02) e infantiles (1999-2000).
Todos aqueles ciclistas pertencentes a estas categorías poderán inscribirse á proba antes das 16.00 horas, sendo a inscrición gratuíta, aínda que para aqueles que non estean federados, terán que aboar a taxa de 12€ do seguro dun día da Federación Galega de Ciclismo.
Sem comentários:
Enviar um comentário