quinta-feira, 5 de setembro de 2013

ATA O 20 DE SETEMBRO ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN A DOUS CURSOS DO PROGRAMA “ACTÍVATE”

O Concello de Tui informa que ata o 20 de setembro está aberta a inscrición en dous curso do programa “Activate” da Deputación de Pontevedra, en colaboración co Concello de Tui, a celebrar na nosa cidade, en concreto
- Aplicación de Técnicas de Seguridade e Primeiros Auxilios. 
- Coidados básicos para persoas maiores.
Estes cursos están dirixidos a mozos/as de 16 e 35 anos (ambos inclusive), residentes en calquera concello da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes que se adhira ó programa. Tamén poderán cursar a súa solicitude dentro do prazo establecido aquelas persoas que non cumpran o requisito de idade, pasando a formar parte da lista de agarda que será utilizada no caso de que houbese prazas vacantes. A duración de cada curso é de 40 horas O número mínimo de persoas para levar a cabo o curso será un mínimo de 10 alumnos/as e un máximo de 25. De non ser así o curso quedaría anulado.
As solicitudes faranse a través dun modelo oficial de inscrición, que se poderá recoller nos concellos (no Concello de Tui – Departamento de Servizos Sociais), na Deputación Provincial ou descargar da páxina web, presentaranse no Rexistro do Concello de Tui onde o solicitante debe estar empadroado, Aqueles mozos/as que desexen participar en máis dun curso deberán cubrir un modelo de solicitude por cada un deles. Xunto á folla de inscrición achegarase unha fotocopia do DNI do participante e a fotocopia da tarxeta de demanda de emprego, se é o caso.
Coa realización destes cursos o Concello de Tui, agora coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, continua traballando a prol da formación como unha eficaz ferramenta para a inserción laboral dos mozos e dos desempregados tudenses.

Sem comentários:

Enviar um comentário