As previsións meterolóxicas aconsellan esta decisión
Baixo o lema “Festa no Pracer: vive o conxunto histórico” o Concello de Tui coa colaboración de varios locais da zona de intramuros organizaba este domingo 29 de setembro unha serie de actividades que van ter lugar nas prazas do Pracer, a Armada, a Estrela e San Telmo. Esta actividade da continuidade a primeira festa celebrada no pasado ano co gallo dos 150 anos da urbanización desta praza e que contou cunha ampla participación popular, agora neste ano 2013 baixo o nome de “Festa no Placer” o Concello de Tui impulsa esta actividade de dinamización do conxunto histórico tudense.
Artesanía, gastronomía, folclore, concertos, espectáculo para nenos e visitas guiadas eran algunhas actividades programadas e que agora debido as previsión meteorolóxicas que anuncian chuvia para esta fin de semana se trasladan ao vindeiro domingo 6 de outubro.
O Concello de Tui agradece a comprensión de todos os participantes e colaboradores así como dos veciños en xeral por esta decisión.
Sem comentários:
Enviar um comentário