terça-feira, 17 de setembro de 2013

A PISCINA MUNICIPAL DE TUI PECHA A TEMPADA CON MÁIS DE 7300 USUARIOS

A Piscina Municipal de Tui rexistrou este ano un total de 7327 bañistas no período comprendido entre o 21 de xuño e o 15 de setembro en que estiveron aberta diariamente ao público estas instalacións que mantiveron unha visita constante de usuarios, grazas o equipo conformado por  2 socorristas, 2 porteiros e 1 encargado de mantemento.
No mes de xullo rexistráronse 1200 nenos e 1100 adultos sendo o mes máis forte agosto, cun total de 1500 nenos e 1700 adultos. As altas temperaturas que aínda persisten na comunidade neste mes de setembro favoreceron a continuidade de asistencia, cun total de 887 nenos e 940 adultos en dúas semanas.
Salientar un ano máis a xornada de portas abertas que este ano tivo lugar o 9 de agosto, xornada destinada a nenos e familias na cal instaláronse inchables para disfrutar de balde . Tamén foi novidade este ano o equipamento da piscina con monecos inchables para os máis cativos. Como en anos anteriores a Biblioteca Municipal ofreceu o servizo de bibliopiscina como unha alternativa complementaria de lecer.
Cabe lembrar que o Concello de Tui apostou por conxelar, por segundo ano consecutivo, os prezos deste servizo, mantendo os prezos do pasado ano para facilitar o acceso dos cidadáns a esta oferta de lecer. A céntrica situación destas instalacións, que abranguen unha Piscina grande para mozos e adultos e unha piscina para rapaces de curta idade, favorecen esta afluencia de bañistas que gozan destas coidadas instalacións, ás que tamén accederon os participantes nos campamentos urbanos de verán realizados no noso concello.

Sem comentários:

Enviar um comentário