Mércores e xoves haberá visitas didácticas para escolares
A cidade de Tui acolle esta fin de semana a celebración dunha nova edición da Xornada Europea da Cultura Xudía na que se combinas diversas actividades: visitas guiadas e exposicións que contribuirán á difusión dos elementos patrimoniais existentes no noso municipio e relacionados coa presenza da cultura xudía na nosa cidade.
O programa abrangue as seguintes actividades
* Exposición: “Sefarad en Oriente, la diáspora sefardí en los Balcanes y Mediterráneo Oriental” de 17 de setembro a 15 de outubro en Sala Municipal de Exposicións, organiza Centro Sefarad-Israel
* Exposición sobre “Francisco Sánchez” en Oficina Municipal de Turismo. De venres 20 a domingo 29
* Mércores 25 e xoves 26: Visitas didácticas á colección de “Sambenitos” do Museo Diocesano de Tui para grupos escolares. Colabora Museo Diocesano.
* Venres 27: Visita guiada nocturna: “Convivencia e Inquisición”, 21,00 horas. Inicio na “Porta da Pía”
* Sábado 28: Visita guiada polo Tui xudeu: 12,00 h. Inicio no barrio da Sarabia (Fonte Riomuiños)
* Domingo 29: 12,00 h.: Visita guiada polo Tui xudeu. Inicio adro norte da Catedral
18,30 h.: Visita polo Tui de Francisco Sánchez. Inicio na Praza de San Fernando
As diversas visitas guiadas, de similares características pretenden ofrecen alternativas horarias aos numerosos interesados nas mesmas e evitar asi un número excesivo de participantes que impide un desenvolvemento axeitado das mesmas. Amais o domingo esta xornada coincide coa celebración da “Festa no Pracer” que agrupa a diversas actividades no conxunto histórico tudense.
A Xornada foi lanzada en 1996 no Departamento Bas-Rhin (Alsacia, Francia), pola Axencia de Desenvolvemento Turístico de Bas-Rhin, conxuntamente con B’nai B’rith Hirschler de Estrasburgo, baixo a fórmula de "Portas Abertas". Á vista do gran éxito obtido, ano tras ano se foi repetindo e ampliando xeograficamente. A partir de 1999 la Xornada se estende por toda Francia, Alemania, España, Italia e Suiza. En 2000, once novos países contribuíron ao auxe europeo de esta iniciativa, convertida xa en Xornada Europea de la Cultura Xudía.
En 2004 creouse a Asociación Europea para a Preservación e Promoción do Patrimonio e da Cultura Xudeus (AEPJ), para coordinar o proxecto a nivel europeo. O evento foi adquirindo cada ano unha dimensión europea máis importante, tanto polo número crecente de países participantes, como pola crecente afluencia do público. En 2012 case 170.000 persoas participaron en más de 800 actividades organizadas en 24 países europeos.
O obxectivo principal deste evento é ofrecer ao gran público a posibilidade de descubrir o patrimonio histórico xudeu (sinagogas, cemiterios, baños rituais, etc.) e as tradicións xudías, e tamén promover e contribuír á conservación, do patrimonio xudeu como parte integral do patrimonio cultural de Europa.
Mención especial merece a exposición fotográfica " Sefardís de Oriente: a diáspora sefardí nos Balcáns e o Mediterráneo Oriental", de Casa Sefarad-Israel, que na Sala Municipal de Exposicións mostra fotografías das comunidades sefardís de Europa Oriental, doadas por particulares á organización Centropa, con comentarios do seus propietarios, nas que se pode entrever a vida cotián de ditas comunidades de xudeoespañoles.
Esta mostra recolle o traballo realizado pola institución privada Centropa, ubicada en Viena e dirixida polo norteamericano Ewar Serotta, que se dedica á recompilación e difusión de datos e información sobre o mundo xudío, en particular dos séculos XIX e XX.
O programa completo desta Xornada e de toda a Red de Juderías de España pódese consultar en liña en:
http://www.redjuderias.org/jecj/index_es.html
http://www.jewisheritage.org/jh/edjc.php?lang=1&e
Sem comentários:
Enviar um comentário