Resultan pois infundadas as acusacións do grupo municipal socialista
Na mañá de onte, 29 de agosto, tivo lugar a apertura das propostas presentadas á licitación da obra de “Reparación de saneamento e conexión á rede xeral do río Louro no Paseo Fluvial” cun orzamento de licitación que acada os 11.892,42 euros financiados integramente con fondos propios do Concello tudense. Esta obra queda pendente unicamente da súa adxudicación na Xunta de Goberno Local a celebrar na vindeira semana.
Deste xeito en moi breve prazo comezarán as obras de reparación deste problema existente na rede de saneamento na zona do Paseo Fluvial, unha vez cumprimentado todo o procedemento administrativo necesario e logo de acadar os correspondentes permisos das administración públicas con competencia na materia.
Resulta pois completamente falso o afirmado en días pasados polo grupo municipal socialista do Concello de Tui en que se acusaba ao goberno municipal de non acometer intervención algunha para resolver este problema. Coa inminente adxudicación desta obra queda en evidencia que o goberno municipal veu traballando con responsabilidade na solución definitiva deste anómala situación.
Nunha nova oportunidade o Grupo Municipal Socialista patentiza o seu descoñecemento da vida municipal realizando acusacións completamente infundadas. A única actuación irresponsable neste tema é a de quen acusa sen razón algunha.
Sem comentários:
Enviar um comentário